Archivos Mensuales: junio 2016

As folgas xerais en España

Para a realización desta tarefa teredes que formar seis grupos de tres persoas cada un. De seguido, amósase unha listaxe na que se recollen as folgas xerais que se levaron a cabo en España dende o ano 1978 ata hoxe. Desta listaxe, deberedes escoller unha das folgas que non elixiran as vosas compañeiras previamente, polo que tedes que ser rápidas á hora de escoller.

Listaxe das folgas xerais:

  • 5 de abril de 1978.
  • 20 de maio de 1985.
  • 14 de decembro de 1988.
  • 28 de maio de 1992.
  • 27 de xaneiro de 1994.
  • 20 de xuño de 2002.
  • 29 de setembro de 2010.
  • 29 de marzo de 2012.
  • 14 de novembro de 2012.

Cando os grupos teñades cadansúa folga, deberedes buscar información na rede sobre a folga elixida, atendendo, como mínimo, ás seguintes cuestións: quen convocou a folga, por que se convocou, seguimento da folga e logros acadados. Se considerades que hai algún outro aspecto salientable, debedes incluílo, pois valorarase positivamente.

Para axudarvos nesta tarefa de busca de información, achégovos unha serie de enlaces que recollen información xeral sobre estas folgas. Deste xeito, teredes información que vos servirá de base para consultar máis datos sobre as folgas. Os enlaces son os seguintes:

A continuación, elaboraredes un mural dixital. Para isto, recoméndovos empregar a aplicación “mural.ly” (https://mural.co/), mais, se coñecedes algunha outra plataforma onde poder realizar a actividade, podedes utilizala. Aquí tedes un vídeo onde se amosa información sobre a utilización de “mural.ly”.Igualmente, recoméndase que o mural sexa visual, é dicir, non abusedes do texto.

https://www.youtube.com/watch?v=Po2VpbeKeSw

Recordade que podedes consultarme calquera dúbida que teñades.

Unha vez rematedes o mural, tedes que descargalo como imaxe (no vídeo explícase como facelo) e subilo nesta entrada do blog, de xeito que podades realizar comentarios nos traballos das vosas compañeiras, expresando a vosa opinión e os aspectos que considerades que se poden mellorar. Como se fixo nas actividades anteriores, é obrigatorio publicar un mínimo de dous comentarios.

Por último, nos primeiros 30 minutos da seguinte sesión, ides expoñer os vosos traballos mediante a proxección do mural na aula, explicando o que aconteceu na folga elixida e facendo unha breve conclusión na que amosedes a vosa opinión sobre a utilidade da folga utilizada como medio para loitar polos dereitos dos traballadores e traballadoras fronte ás medidas adoptadas polo goberno que reducen estes dereitos. Cada exposición terá unha duración máxima de cinco minutos.

Análise do convenio colectivo

Como sabedes, é esencial que vós, como futuras traballadoras, sexades quen de coñecer os vosos dereitos e obrigas, así como o marco no que se recollen as vosas condicións laborais. Por iso, para a realización desta actividade deberedes analizar o convenio colectivo do voso sector (convenio colectivo estatal para perruquerías, institutos de beleza e ximnasios) en grupos de tres persoas. A cada grupo se lle asignará un número, de xeito que teredes que contestar á pregunta que leve o mesmo número que o voso grupo.

Unha vez respondades ás cuestións de forma fundamentada, teredes que ler as respostas das vosas compañeiras e publicar, como mínimo, dous comentarios nas súas argumentacións, onde expresedes criticamente a vosa opinión sobre o aspecto do convenio comentado.

As preguntas son as seguintes:

  1. Buscade no convenio as condicións de traballo xerais (horario, salario, xornada e vacacións). Credes que é un bo convenio? Por que?
  2. Existe no convenio algunha medida de conciliación da vida familiar e laboral? Cal é a vosa opinión? Que medidas credes que debería incluír?
  3. Que acontece cando finaliza o período de vixencia do convenio? Aplícase o cambio producido pola reforma laboral?
  4. Que recolle o convenio en relación coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes? Cal é a vosa opinión? Debería incluír algunha cuestión máis?
  5. Mellora o convenio os permisos retribuídos establecidos polo Estatuto dos Traballadores que se viron na unidade da xornada de traballo?
  6. Mellora o convenio as porcentaxes de retribución nos dous anos de duración dun contrato de prácticas? Lembrade que estas porcentaxes se viron na unidade do contrato de traballo.

Que se di dos sindicatos nos medios de comunicación e cal é a nosa opinión?

Despois de coñecer unha información xeral sobre os sindicatos, cómpre analizar que tratamento se fai dos sindicatos nos medios de comunicación. Nesta actividade teredes que consultar diversos artigos e vídeos (que se achegan a continuación) que amosan distintas opinións sobre o labor dos sindicatos na actualidade. Tamén podedes consultar as novas relacionadas cos sindicatos que puxestes no blog. Unha vez consultados tódolos recursos, deberedes contestar as seguintes cuestións, subindo as vosas respostas nesta entrada do blog, coa fin de que as vosas compañeiras podan realizar comentarios nos vosos traballos e contrastar pareceres.Ao igual que fixemos na actividade da Webquest, é obrigatorio que publiquedes un mínimo de dous comentarios nos traballos dos demais grupos.

Bloque 1

Recursos a empregar:

“Los sindicatos en España”: https://www.youtube.com/watch?v=JtzLX_BH96g (Duración: 5:15).

“El misterio de la financiación sindical”: http://www.elmundo.es/espana/2013/11/18/528957040ab74072278b457a.html

“Mentiras (y verdades) sobre los sindicatos”:https://www.youtube.com/watch?v=ccDosJ2hSxI (Duración: 5:40).

“¿Por qué hablamos mal de los sindicatos?”: http://www.elcorreo.com/vizcaya/20140313/mas-actualidad/sociedad/hablamos-sindicatos-201403121508.html

Preguntas:

  1. Semella evidente que, aínda que se trata o mesmo tema, a información ofrecida nos dous primeiros recursos é moi diferente da que se amosa nos dous últimos. Por que cres que se producen estas diferenzas? Pensas que os medios ofrecen a información con obxectividade ou do xeito que máis lles interese segundo a súa ideoloxía?
  2. Na túa opinión, cal das dúas informacións cres que se axusta máis á realidade?

Bloque 2

Recursos a empregar:

“No hacen programas sobre ricos porque no interesan”: https://www.youtube.com/watch?v=CAO5gcb2cYk (Duración 4:46).

Preguntas:

  1. Segundo o que se ve día tras día nos medios de comunicación e tendo en conta tamén o que se viu no bloque anterior, estás de acordo con Owen Jones cando afirma que os medios de comunicación están politizados? Se a resposta é afirmativa, en que o observas?
  2. Owen Jones comenta que os medios están a desprestixiar á clase obreira, o que se observa, por exemplo, nos programas televisivos que transmiten imaxes negativas sobre ela. Cres que en España acontece o mesmo? Poderías poñer algún exemplo? Por se che serve de guía, pensa en programas do tipo “Hermano mayor”. Que os adolescentes que aparecen no programa teñan un mal comportamento, non significa que tódolos demais o teñan, non si?
  3. Pararaste a pensar algunha vez nesta circunstancia? Por que consideras que se produce e cal é a túa opinión ao respecto?

Bloque 3

Recursos a empregar:

“Muerte a los sindicatos”: http://www.industria.ccoo.es/comunes/recursos/51269/doc144902__MUERTE_A_LOS_SINDICATOS_.pdf.

¿Por qué atacan tanto a los sindicatos?: http://www.attac.es/2011/01/17/por-que-atacan-tanto-a-los-sindicatos/

El sindicato nos lo robaron. ¿Dónde estará el sindicato?”: http://www.attac.es/2011/08/14/el-sindicato-nos-lo-robaron-donde-estara-el-sindicato/

“Los sindicatos, más necesarios que nunca”: http://www.attac.es/2009/09/28/los-sindicatos-mas-necesarios-que-nunca/

Preguntas:

  1. Cales son os puntos en común destes artigos? Por que motivos din os autores que se está a tratar de desprestixiar aos sindicatos? Estás de acordo?
  2. Que mensaxe cres que intentan transmitir en relación aos sindicatos?
  3. Nalgúns destes artigos fálase doutros países, como Estados Unidos, onde os sindicatos perderon forza. Que efectos tivo esta diminución? Pensas que isto reflicte a importancia que teñen os sindicatos en relación a manter unhas boas condicións laborais?

Bloque 4

Recursos a empregar:

Juan. M Martínez: “CCOO y UGT han dejado de ser los sindicatos de la clase trabajadora”- Salvados: https://www.youtube.com/watch?v=lE8fJ9dcR2s (Duración 4:37)

Salvados – “Cuando luchas puedes ganar, pero si no luchas seguro que pierdes”: https://www.youtube.com/watch?v=WcKiZ2VaHmw (Duración 7:12).

Preguntas:

  1. Que imaxe se amosa dos sindicatos no primeiro vídeo? Por que cres que Juan M. Martínez di que CCOO e UXT deixaron de ser os sindicatos da clase obreira?
  2. Se comparas este vídeo co da fábrica francesa. Que diferenzas atopas entre a loita sindical española e francesa?
  3. Despois de ver os vídeos, pensas que é importante que os sindicatos adopten medidas como a folga para defender os dereitos dos traballadores?
  4. Aínda que os vídeos pertencen a programas diferentes. Que visión global pensas que transmite LaSexta dos sindicatos? Paréceche que se está a criticar, aínda que non sexa dun xeito explícito, a falta de actuación dos sindicatos españois?

Webquest sobre liberdade sindical

A) Presentación da actividade

Como se viu na clase, as condicións laborais cambiaron moito ao longo da historia. Esta actividade ten por obxectivo que valoredes a importancia da liberdade sindical como dereito fundamental e que sexades conscientes do papel esencial que teñen os sindicatos nunha sociedade democrática.

Para realizar esta actividade, teredes que traballar en grupos de tres persoas e redactar un informe no que se incorporen, como mínimo, as respostas ás preguntas que se amosan a continuación. O informe elaborarase dun xeito consensuado e, para realizar a tarefa, apórtanse unha serie de enlaces nos que atoparedes a información necesaria.

Preguntas:

  1. Que é a liberdade sindical? Foi sempre un dereito?
  2. Como eran as condicións de traballo e de vida antes da aparición dos sindicatos? Por que xurdiu o movemento sindicalista? Como actuaban para loitar polos dereitos da clase obreira?
  3. Se comparamos esas condicións coas vistas no módulo de FOL, centrándonos, por exemplo, na xornada laboral e na seguridade no traballo, pensades que se produciron avances? Credes que a loita obreira influíu nestas melloras?
  4. Que papel desenvolveron as mulleres na actividade sindical? Pensades que a visibilidade que teñen a muller e o home no movemento sindical é a mesma? Por que?
  5. Que se celebra o 1 de maio e o 8 de marzo? Por que?

Nota: Recoméndase consultar todos os recursos, mais non é imprescindible para contestar correctamente tódalas cuestións.

B) Material a entregar

Ao finalizar a actividade, teredes que subir o voso traballo ao blog, de forma que as vosas compañeiras podan realizar comentarios nos vosos traballos e viceversa. É obrigatorio que comentedes, como mínimo, dous comentarios nos traballos dos demais grupos, nos que expresedes a vosa opinión e os posibles aspectos a mellorar. A actividade ten que estar subida no blog nun prazo de 48 horas.

C)Criterios de avaliación

  • Adecuación e razoamento das respostas.
  • Organización e presentación do documento entregado.
  • Participación activa dentro do grupo.
  • Interacción cos demais grupos a través do blog.

D) Recursos

Pregunta 1

http://www.enciclopedia-juridica.biz14.com/d/libertad-sindical/libertad-sindical.htm. Información sobre a liberdade sindical.

Preguntas 2 e 3

https://www.youtube.com/watch?v=lv-YX9YGtgU. Vídeo sobre a historia do movemento obreiro. Duración: 5:54.

https://www.youtube.com/watch?v=bUWoVYfO90Q. Vídeo sobre as condicións de vida e traballo da clase obreira no século XIX. Duración: 4:00.

https://www.youtube.com/watch?v=iJjuVNfb-yw. Vídeo sobre o movemento obreiro en España de finais do século XIX. Duración: 11:42.

https://www.youtube.com/watch?v=3pFMvfE9Wgo. Outro vídeo sobre o movemento obreiro en España de finais do século XIX (visto na clase). Duración: 3:53.

https://www.youtube.com/watch?v=aXHM7AUXOH0. Vídeo no que se amosan algún dos logros acadados polos sindicatos (visto na clase). Duración: 3:24.

https://www.youtube.com/watch?v=l_s63cOh7Qg. Entrevista a Owen Jones na que fala sobre a liberdade sindical. Duración: 4:03.

Pregunta 4

https://ddd.uab.cat/pub/artpub/2011/131260/gacsin_a2011n16p241iSPA.pdf. Artigo que recolle algunhas contribucións das mulleres ao movemento obreiro.

http://e-mujeres.net/blog/mujeres-sindicalistas-luchadoras-invisibles. Artigo sobre a invisibilidade histórica das mulleres no sindicalismo.

https://www.nodo50.org/mujeresred/sindicalismo-carmen_urrutia.html. Artigo sobre a participación das mulleres nas organizacións sindicais.

Pregunta 5:

http://internacional.elpais.com/internacional/2016/05/01/mexico/1462078570_224431.html. Artigo que explica a orixe do Día Internacional dos Traballadores.

https://www.youtube.com/watch?v=WgPmDBCQfwE. Vídeo no que se relata a historia dos “Mártires de Chicago”. Duración: 9:00.

http://www.trabajo.com.mx/dia_internacional_del_trabajo.htm. Artigo sobre a orixe do Día Internacional dos Traballadores.

http://www.ite.educacion.es/ca/inicio/noticias-de-interes/763-8-de-marzo-dia-internacional-de-la-mujer. Información sobre a orixe do Día Internacional da MullerTraballadora.

http://elpais.com/elpais/2016/03/08/actualidad/1457391656_822617.html. Artigo sobre a orixe do Día Internacional da MullerTraballadora.

http://feminismo.about.com/od/historia/fl/Clara-Zetkin-pionera-del-feminismo-socialista.htm. Artigo sobre Clara Zetkin, impulsora do Día Internacional da MullerTraballadora.

E) Conclusión

Con esta actividade preténdese que valoredes a importancia da liberdade sindical na loita polos dereitos das persoas traballadoras e o labor levado a cabo pola muller na actividade sindical.