Webquest sobre liberdade sindical

A) Presentación da actividade

Como se viu na clase, as condicións laborais cambiaron moito ao longo da historia. Esta actividade ten por obxectivo que valoredes a importancia da liberdade sindical como dereito fundamental e que sexades conscientes do papel esencial que teñen os sindicatos nunha sociedade democrática.

Para realizar esta actividade, teredes que traballar en grupos de tres persoas e redactar un informe no que se incorporen, como mínimo, as respostas ás preguntas que se amosan a continuación. O informe elaborarase dun xeito consensuado e, para realizar a tarefa, apórtanse unha serie de enlaces nos que atoparedes a información necesaria.

Preguntas:

  1. Que é a liberdade sindical? Foi sempre un dereito?
  2. Como eran as condicións de traballo e de vida antes da aparición dos sindicatos? Por que xurdiu o movemento sindicalista? Como actuaban para loitar polos dereitos da clase obreira?
  3. Se comparamos esas condicións coas vistas no módulo de FOL, centrándonos, por exemplo, na xornada laboral e na seguridade no traballo, pensades que se produciron avances? Credes que a loita obreira influíu nestas melloras?
  4. Que papel desenvolveron as mulleres na actividade sindical? Pensades que a visibilidade que teñen a muller e o home no movemento sindical é a mesma? Por que?
  5. Que se celebra o 1 de maio e o 8 de marzo? Por que?

Nota: Recoméndase consultar todos os recursos, mais non é imprescindible para contestar correctamente tódalas cuestións.

B) Material a entregar

Ao finalizar a actividade, teredes que subir o voso traballo ao blog, de forma que as vosas compañeiras podan realizar comentarios nos vosos traballos e viceversa. É obrigatorio que comentedes, como mínimo, dous comentarios nos traballos dos demais grupos, nos que expresedes a vosa opinión e os posibles aspectos a mellorar. A actividade ten que estar subida no blog nun prazo de 48 horas.

C)Criterios de avaliación

  • Adecuación e razoamento das respostas.
  • Organización e presentación do documento entregado.
  • Participación activa dentro do grupo.
  • Interacción cos demais grupos a través do blog.

D) Recursos

Pregunta 1

http://www.enciclopedia-juridica.biz14.com/d/libertad-sindical/libertad-sindical.htm. Información sobre a liberdade sindical.

Preguntas 2 e 3

https://www.youtube.com/watch?v=lv-YX9YGtgU. Vídeo sobre a historia do movemento obreiro. Duración: 5:54.

https://www.youtube.com/watch?v=bUWoVYfO90Q. Vídeo sobre as condicións de vida e traballo da clase obreira no século XIX. Duración: 4:00.

https://www.youtube.com/watch?v=iJjuVNfb-yw. Vídeo sobre o movemento obreiro en España de finais do século XIX. Duración: 11:42.

https://www.youtube.com/watch?v=3pFMvfE9Wgo. Outro vídeo sobre o movemento obreiro en España de finais do século XIX (visto na clase). Duración: 3:53.

https://www.youtube.com/watch?v=aXHM7AUXOH0. Vídeo no que se amosan algún dos logros acadados polos sindicatos (visto na clase). Duración: 3:24.

https://www.youtube.com/watch?v=l_s63cOh7Qg. Entrevista a Owen Jones na que fala sobre a liberdade sindical. Duración: 4:03.

Pregunta 4

https://ddd.uab.cat/pub/artpub/2011/131260/gacsin_a2011n16p241iSPA.pdf. Artigo que recolle algunhas contribucións das mulleres ao movemento obreiro.

http://e-mujeres.net/blog/mujeres-sindicalistas-luchadoras-invisibles. Artigo sobre a invisibilidade histórica das mulleres no sindicalismo.

https://www.nodo50.org/mujeresred/sindicalismo-carmen_urrutia.html. Artigo sobre a participación das mulleres nas organizacións sindicais.

Pregunta 5:

http://internacional.elpais.com/internacional/2016/05/01/mexico/1462078570_224431.html. Artigo que explica a orixe do Día Internacional dos Traballadores.

https://www.youtube.com/watch?v=WgPmDBCQfwE. Vídeo no que se relata a historia dos “Mártires de Chicago”. Duración: 9:00.

http://www.trabajo.com.mx/dia_internacional_del_trabajo.htm. Artigo sobre a orixe do Día Internacional dos Traballadores.

http://www.ite.educacion.es/ca/inicio/noticias-de-interes/763-8-de-marzo-dia-internacional-de-la-mujer. Información sobre a orixe do Día Internacional da MullerTraballadora.

http://elpais.com/elpais/2016/03/08/actualidad/1457391656_822617.html. Artigo sobre a orixe do Día Internacional da MullerTraballadora.

http://feminismo.about.com/od/historia/fl/Clara-Zetkin-pionera-del-feminismo-socialista.htm. Artigo sobre Clara Zetkin, impulsora do Día Internacional da MullerTraballadora.

E) Conclusión

Con esta actividade preténdese que valoredes a importancia da liberdade sindical na loita polos dereitos das persoas traballadoras e o labor levado a cabo pola muller na actividade sindical.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s