Archivo de la categoría: Orientación

Exemplos de videocurriculum

Bos días!

Como xa sabedes, o videocurriculum é unha máis que interesante ferramenta de promoción persoal. Aquí tedes uns cantos exemplos que vos poden axudar a elaborar o voso.

Saúdos!

El mejor video-curriculum que he visto por 10 razones

EURES: Unha oportunidade para formarse e traballar en Europa

EURES é unha rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores dentro dos 28 países membros da UE, Suiza, Islandia, Liechtenstein e Noruega. O seu obxectivo é prestar servizos aos traballadores, aos empresarios e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio de libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e de traballo de cada país.

A páxina web permite procurar un traballo aos demandantes de emprego, así como crear un CV en liña e crear un Pasaporte de Aptitudes Profesionais. Do mesmo xeito, amosa as ofertas de emprego en Europa e as condicións de vida e traballo en cada un dos 28 países membros da UE, ademais de Suíza, Islandia, Liechtenstein e Noruega. Ademais, a páxina permite a procura de oportunidades de formación en Europa.

Como vedes, EURES é unha boa ferramenta para poder formarse e traballar en Europa, polo que aquí vos deixo o enlace da páxina e un vídeo explicativo.

Saúdos

Sitio web de EURES: https://ec.europa.eu/eures/public/es/homepage

Vídeo: