Archivo de la etiqueta: Folgas

As folgas xerais en España

Para a realización desta tarefa teredes que formar seis grupos de tres persoas cada un. De seguido, amósase unha listaxe na que se recollen as folgas xerais que se levaron a cabo en España dende o ano 1978 ata hoxe. Desta listaxe, deberedes escoller unha das folgas que non elixiran as vosas compañeiras previamente, polo que tedes que ser rápidas á hora de escoller.

Listaxe das folgas xerais:

  • 5 de abril de 1978.
  • 20 de maio de 1985.
  • 14 de decembro de 1988.
  • 28 de maio de 1992.
  • 27 de xaneiro de 1994.
  • 20 de xuño de 2002.
  • 29 de setembro de 2010.
  • 29 de marzo de 2012.
  • 14 de novembro de 2012.

Cando os grupos teñades cadansúa folga, deberedes buscar información na rede sobre a folga elixida, atendendo, como mínimo, ás seguintes cuestións: quen convocou a folga, por que se convocou, seguimento da folga e logros acadados. Se considerades que hai algún outro aspecto salientable, debedes incluílo, pois valorarase positivamente.

Para axudarvos nesta tarefa de busca de información, achégovos unha serie de enlaces que recollen información xeral sobre estas folgas. Deste xeito, teredes información que vos servirá de base para consultar máis datos sobre as folgas. Os enlaces son os seguintes:

A continuación, elaboraredes un mural dixital. Para isto, recoméndovos empregar a aplicación “mural.ly” (https://mural.co/), mais, se coñecedes algunha outra plataforma onde poder realizar a actividade, podedes utilizala. Aquí tedes un vídeo onde se amosa información sobre a utilización de “mural.ly”.Igualmente, recoméndase que o mural sexa visual, é dicir, non abusedes do texto.

https://www.youtube.com/watch?v=Po2VpbeKeSw

Recordade que podedes consultarme calquera dúbida que teñades.

Unha vez rematedes o mural, tedes que descargalo como imaxe (no vídeo explícase como facelo) e subilo nesta entrada do blog, de xeito que podades realizar comentarios nos traballos das vosas compañeiras, expresando a vosa opinión e os aspectos que considerades que se poden mellorar. Como se fixo nas actividades anteriores, é obrigatorio publicar un mínimo de dous comentarios.

Por último, nos primeiros 30 minutos da seguinte sesión, ides expoñer os vosos traballos mediante a proxección do mural na aula, explicando o que aconteceu na folga elixida e facendo unha breve conclusión na que amosedes a vosa opinión sobre a utilidade da folga utilizada como medio para loitar polos dereitos dos traballadores e traballadoras fronte ás medidas adoptadas polo goberno que reducen estes dereitos. Cada exposición terá unha duración máxima de cinco minutos.